luns, 25 de febreiro de 2013

10º Día - A lingua para lles falar ás bestas

Moitas veces semella que o galego só está asociado ao mundo da educación e da cultura e fóra da economía, é por iso que hoxe nos saúda Rafael Cuíña do que, entre outras facetas, podemos atopar a de empresario comprometido coa defensa do galego.

 
  • Como comezaches a túa segunda semana? É máis fácil os días que vas á clase ou a fin de semana? (NEE)
E chega un momento en que o galego chega á escola.


  • Es capaz de localizar as incorreccións que comete o profesor en castelán?
  • Cal cres que é a lingua dese mestre? Por que cres que ensinaba en castelán?
  • Como cres que se sentiría un cativo se ao chegar a escola lle din que a lingua que fala só vale para se comunicar coas bestas? 
  • Quen foi Sarmiento?
  • Por que cres que as persoas que falan máis castelán que galego ou só castelán se preocupan tanto polas incorreccións en galego, e non se preocupan nada polas incorreccións que cometen en castelán?  
  • Como consegue Sarmiento ensinar a ler?

Ningún comentario:

Publicar un comentario