luns, 18 de febreiro de 2013

4º DÍA - FALAR

Hoxe pasaron por 21 Días co galego unhas mulleres moi festeiras, Genma Lareo e Fátima Pego, as vocalistas da orquestra París de Noia que todos coñecedes.

  • Hoxe foi martes, xa con dous días no instituto a túa aventura co galego vai mellor ou peor?
    (NEE)
  • Agora mira este vídeo de Ana Moreiras que se basea no relato "Falar" do libro de Séchu Sende Made in Galiza. Logo, contesta as preguntas.
    (NEE)

NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.
  • Cales cres que poden ser as razóns dos pais de Clara para lle falaren diferente?
  • Segundo Clara, falar facilita moito as cousas. Cres que facilita igual as cousas falar en galego ca en castelán? Por que? Exemplifica as túas argumentacións con casos concretos.
  • Clara di que "quere practicar" e que "ten medo" de que cando vaia falar por primeira vez lle saia mal. Cres que estes dous tipos de temores son comúns aos neofalantes? Telos ti nestes días?
  • Que lle dirías ás persoas que afirman que non se lanzan a falar galego porque cren que o fan mal e porque teñen medo á reacción dos demais? 

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario