sábado, 2 de marzo de 2013

15º DÍA - Hablaba en gallego, qué bajón!

Hoxe temos connosco a Beatriz Moyano de Beça, máis coñecida como Tati Moyano, a xornalista e presentadora da TVG.


Hoxe imos ver o vídeo dunha intervención dunha moza galega concursante da XII edición do progama televisivo Gran Hermano.




  • Hoxe comezou a túa terceira e última semana no proxecto. Como foi a xornada? Falaches en galego? Cando? Canto? Con quen? (NEE)
  • Se falaches todo o día en galego, intentaches que a túa fala fose máis correcta? En que momento? Con que interlocutores? 
  • Se non falaches todo o día en galego analiza en que momento deixaches de facelo e porque que cres ti que pasou? Despois volviches a intentar falalo o resto do día ou xa deixaches de esforzarte? (NEE)
  • Cres que a esta rapaza lle gusta o galego? Por que?
  • Cantas materias tes? De cantas tes os materiais en lingua galega? En cantas o profesorado che dá a clase en galego? En cantas falas ti en galego? (NEE)
  • Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
  • Cres que houbo algunha época en Galicia onde todos os libros de texto fosen en galego?
  • A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
  • Cal é a conclusión final da protagonista? 
  • Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
  • Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
  • Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?
E como é sábado:

    1 comentario: