domingo, 3 de marzo de 2013

17º DÍA - Os medios de comunicación

Como sabemos que hai afeccionad@s e deportistas entre vós, hoxe contamos coas palabras do director de Zona Press, a revista bimensual de baloncesto en galego, Óscar Losada.


  • Como foi a xornada? Falaches en galego? Cando? Canto? Con quen? (NEE)
  • Se falaches todo o día en galego, intentaches que a túa fala fose máis correcta? En que momento? Con que interlocutores? 
  • Se non falaches todo o día en galego analiza en que momento deixaches de facelo e porque que cres ti que pasou? Despois volviches a intentar falalo o resto do día ou xa deixaches de esforzarte? (NEE)


  • Cres que tes ao teu alcance a información necesaria en galego nos diferentes medios de comunicación? A que cres que é debido?
  • Que tipo de información che gustaría ter en galego?

Segundo o estudo Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia, así é  como desexarían as galegas e galegos que fose a distribución de linguas nos seus xornais segundo a sección informativa de que se trate.


No mesmo estudo indícase que dos xornais máis lidos en Galicia só un diario, o Diario de Arousa, supera a pequena porcentaxe do 5% de presenza do galego, no resto aínda hai menos galego, e isto que se teñen en conta tanto o espazo de redacción como a publicidade.



  • Visto isto, cres que é certo o que sosteñen os propietarios dos principais medios de comunicación en Galicia?
  • Por que cres que os xornais publicados no noso territorio practicamente non usan o galego?


Mais non todo son malas noticias, hai tan só un mes, o 4 de febreiro, nacía a Asociación de Medios en Galego co fin de consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego. Os promotores da iniciativa son: 
Certo
Galicia Confidencial
Novas da Galiza
O Compás
Praza Pública
Que Pasa na Costa
Radiofusión
Tempos Novos
de Luns a Venres
Valminor.info

Ningún comentario:

Publicar un comentario