sábado, 23 de febreiro de 2013

8º DÍA - A Lei de normalización lingüística (1983)


Hoxe mándanos as súas forzas Sonia Castelo que agora anda de xira teatral por toda España.



  • Como comezaches a túa segunda semana? É máis fácil os días que vas á clase ou a fin de semana? (NEE)

    A Lei de normalización lingüística, que foi aprobada por unanimidade no parlamento galego en 1983, hai xa 30 anos, establece o mandato de que o alumnado logre unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar.
    • Dende a túa perspectiva cres que ao longo destes 30 anos o ensino cumpriu este mandato da Lei de normalización lingüística en Galicia? Xustifica a túa resposta.
    • Cres que neste momento se está a cumprir este mandato? Xustifica a túa resposta.
    • Se foses o goberno galego que medidas tomarías ti respecto a esta cuestión?
    • Competencia semellante significa poder falar igual en galego e castelán. Cres que é bo que che falen na escola en galego para aprendelo?
    • Cres que coa axuda da escola e da túa familia ao final do curso vas poder falar tamén en galego? Que vas facer ti para conseguilo?

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario