xoves, 28 de febreiro de 2013

13º DÍA - Sociolingüística coas nosas palabras

Para hoxe unha escritora que xa nos visitou no instituto, Uxía Casal.


  • Vai avanzando a semana e xa entramos na conta atrás desta experiencia nosa. Como che foi o día? (NEE)
  • Só 1º de Bacharelato: Uxía fálanos do luxemburgués, mira aquí algúns datos sobre a situación desta lingua. Con que outros idiomas convive? Que cres que pode pasar en Luxemburgo para que competindo con linguas como o francés e o alemán, o luxemburgués non recúe no emprego oral?
Unha vez remates de ver o documental Linguas cruzadas, contesta a seguinte cuestión:
  • Define, coas túas palabras, os seguintes conceptos(1):
    • castrapo
    • galego cerrado
    • variedade estándar
    • neofalante
    • imposición
    • normalización lingüística
(1) Actividade tirada da unidade didáctica Linguas cruzadas elaborada por Ana Iglesias Álvarez, Xunta de Galicia, 2009.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario