sábado, 16 de febreiro de 2013

2º Día - AS ORIXES


Hoxe visítanos Leandro Lamas, o pintor das cores e da alegría, nestoutro vídeo podedes coñecer algunhas das súas obras acompañadas pola música de Guadi Galego e Guillerme Fernández.

  •  Como che foi hoxe? Mellor ou peor ca onte? Por que?
    (NEE)
Fálanos un pouco de ti: 
  • Onde naciches? (NEE)
  • En que curso estás?  (NEE)
  • Que profesión ten túa nai? (NEE)
  • Que profesión ten teu pai? (NEE)
  • Que lingua usas habitualmente? (Escolle a opción que máis se achegue á túa realidade: só castelán / predomina o castelán / castelán e galego por igual / predomina o galego / só galego)
    (NEE)
  • Que lingua se fala habitualmente na túa casa? (Escolle a opción que máis se achegue á túa realidade: só castelán / predomina o castelán / castelán e galego por igual / predomina o galego / só galego) (NEE)
  • Que persoas falan galego na túa casa? E na túa familia?
    (NEE)
  • Contáronche algunha vez contos en galego cando eras pequeno? En caso negativo, a que cres que é debido?
    (NEE)
  • E ensináronche xogos en galego (cancións, adiviñas...)? (NEE)
  • Tes algún amigo ou amiga que fale en galego? En que lingua fala contigo? En que lingua fala co resto da xente? (NEE)
  • Podes lembrar a primeira vez que falaches en galego? Cando cres que foi?  
  • Quen che aprendeu o galego? (NEE)
  • Cres que é importante saber falar galego ou dáche igual? Por que?

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario